Ir ao contido
Xeito.

Prezos

Webs e mensualidades. Prezos claros. Sen letra pequena.

Prezo de lanzamento ata o 31/12/2026, só 5 prazas

Webs: pago único

Web Local

Para o negocio que non ten web ou ten unha de 2015.

690€pagamento único

+ IVE · 1 mes de Visible gratis

  • Web dunha páxina longa: quen es, servizos, horario, mapa, botón de WhatsApp, formulario
  • Ficha de Google creada ou reconstruída: categorías, servizos, fotos, horarios, produtos
  • Datos estruturados, Open Graph, sitemap e Search Console verificado
  • Dominio incluído o primeiro ano e aloxamento sen cota
  • 30 días de axustes
  • 1 mes de Visible gratis
Auditoría gratis

Web Pro

Para quen quere aparecer en varias zonas ou por varios servizos.

1290€pagamento único

+ IVE · 1 mes de Visible + IA gratis

  • Todo o de Web Local
  • Ata 6 páxinas: inicio, servizos, sobre, contacto e dúas á túa elección
  • Unha páxina por zona que sirvas, ata 4
  • SEO completo en cada páxina: títulos, descricións, imaxes, ligazóns internas
  • Blog preparado para que publiques ti ou o alimente Visible + IA
  • Informe inicial: onde saes hoxe nas 10 buscas que che importan
  • 1 mes de Visible + IA gratis
Auditoría gratis
Recomendada

Web + IA

Para quen quere que o recomenden cando alguén pregunta a ChatGPT onde ir.

1990€pagamento único

+ IVE · 1 mes de Visible + IA gratis

  • Todo o de Web Pro
  • Páxina de preguntas frecuentes estruturada para que as IAs a lean e a citen
  • Mesmo nome, enderezo, descrición e horario en web, Google, Bing, Apple Maps e 5 directorios locais
  • Páxina «sobre» reescrita con feitos verificables: datas, cifras, especialidades
  • Bot de WhatsApp que responde ás túas 10–15 preguntas frecuentes fóra de horario
  • Proba antes e despois: que din ChatGPT, Gemini e Perplexity de ti o día 0 e o día 45, en PDF
  • 1 mes de Visible + IA gratis
Auditoría gratis

Mensualidades

Comparativa
VisibleVisible + IAOperación
Ficha de Google Si Si Si
Publicacións na ficha 4/mes 4/mes 4/mes
Xestión de recensións Si Si Si
SEO local continuo Non Si Si
Seguimento en IAs Non Si Si
Bot de WhatsApp Non Non Si
Recordatorios automáticos Non Non Si
Informe mensual Si Si Si
Permanencia Sen permanencia 3 meses 3 meses

Visible

Para o negocio que xa ten web e ficha de Google e quere que non morran.

150€/mesLanzamento · Prezo habitual: 190€/mes
  • Ficha de Google activa: 4 publicacións ao mes, resposta a todas as recensións en 48 h, preguntas e respostas ao día
  • Citas locais coherentes en directorios; corriximos o que diverxe
  • Seguimento en Search Console e na ficha: visitas, chamadas, como chegar
  • Informe mensual dunha páxina
  • Garantía: se en 90 días a ficha non gaña visitas e chamadas, o cuarto mes é gratis

Sen permanencia

Auditoría gratis

Visible + IA

Para quen quere subir en Google e empezar a saír cando alguén pregunta a ChatGPT.

290€/mesLanzamento · Prezo habitual: 390€/mes
  • Todo o de Visible
  • SEO local continuo: unha páxina ou artigo novo ao mes, orientado a unha busca concreta
  • Cada trimestre comprobamos que din ChatGPT, Gemini e Perplexity do teu negocio, e corriximos
  • Posicións locais seguidas nas túas 10 buscas clave
  • Corrección técnica da web cando fai falta

3 meses de permanencia

Auditoría gratis

Operación

Para clínicas, salóns, restaurantes con reservas e adegas con enoturismo.

550€/mesLanzamento · Prezo habitual: 690€/mesPosta en marcha (pagamento único): 700–900 €
  • Todo o de Visible + IA
  • Bot de WhatsApp de reservas e citas, en tres idiomas, fóra de horario
  • Recordatorios automáticos de cita para reducir ausencias
  • Petición automática de recensión tras a visita
  • Integración coa axenda que xa usas
  • Soporte e axustes do bot

3 meses de permanencia

Auditoría gratis

Servizos soltos

Ficha de Google en 7 días

Só a ficha, completa e verificada. Sen mensualidade.

150€pagamento único · Lanzamento · Prezo habitual: 200 €

Auditoría gratis

Auditoría IA

Un PDF dunha páxina: que din hoxe ChatGPT, Gemini e Perplexity do teu negocio, e que che falta para que te citen.

100€pagamento único · Lanzamento · Prezo habitual: 150 €

Auditoría gratis

Preguntas frecuentes

Facedes xestión de redes sociais?

Non como mensualidade. O que trae chamadas a un negocio local é Google e, cada vez máis, as IAs. Se queres contido para Instagram, producímolo en lote unha vez ao mes para clientes Visible; pregúntanos.

Que significa «saír en ChatGPT»?

Que cando alguén lle pregunta a ChatGPT, Gemini ou Perplexity onde ir, te nomeen a ti. Depende de que a túa información estea ben estruturada e sexa coherente en todos os sitios. É o que facemos en Web + IA e en Visible + IA.

Podo cambiar de paquete?

Si, ao final de calquera mes. Se sobes, o cambio é inmediato.

Que pasa se cancelo?

En Visible avisas con 30 días e xa está. Nos demais, tras os 3 primeiros meses, igual. A web, a ficha e o bot son teus.

Traballades coa subvención CO300C da Xunta?

Si. Preparamos a documentación e presentamos o primeiro día da xanela. Co 80 % de axuda, unha Web + IA cústache uns 400 €.

Facturades a empresas portuguesas?

Si, sen IVE español, por inversión do suxeito pasivo.

Empeza polo gratis.

En 10 minutos dicímosche como está a túa ficha de Google e que fariamos primeiro. Sen compromiso.

Ou, se prefires, escríbenos directamente:

Escribir por WhatsApp

Prezos para empresas e autónomos, + IVE. Empresas portuguesas con NIF intracomunitario: sen IVE español. Particulares: consultar.

WhatsApp